LG presenta unha nova liña de monitores conectados, os LG MyView, que buscan facer de monitor para equipos informáticos e, adicionalmente, integran webOS para poder gozar de aplicacións de Smart TV e así poder consumir contidos audiovisuais a través de aplicacións ou enviados a través de dispositivos móbiles, o que resulta especialmente convinte para espazos nos que se queira alternar entre traballo e lecer.
Os novos LG MyView chegan en 3 modelos con pantalla IPS de 31,5 polgadas cunha resolución de 3.840 x 2.160 píxeles con marcos case inexistentes, cun par de modelos (32SR85U e 32SR83U) cun soporte axustable, mentres que o terceiro modelo (32SR70U) presenta un soporte de perfil baixo.
Os distintos monitores teñen unha frecuencia de refresco de 60 Hz e altofalantes de 5 watts e mando a distancia, destacando o feito de que o modelo 32SR85U integre webcam, mentres que para o 32SR83U a cámara pode adquirirse por separado.
Novos monitores de LG con funcións de Smart TV
Compartir Este Artigo

