Epic Games vén de anunciar novidades na súa estratexia de cara ás tendas de aplicacións para móbiles, lembrando que Fortnite volverá a iOS na Unión Europea en breve, á vez que tamén estrearán unha Epic Games Store para Android e para iOS. Pero a cousa non remata aí, e agora apuntan que os xogos para móbiles de Epic tamén estarán dispoñibles a través doutras tendas de aplicacións, comezando pola AltStore PAL para iOS na Unión Europea (á que se sumarán un par de tendas máis en breve).
A este anuncio súmaselle unha nova reivindicación de Epic Games, compañía que decidiu retirar Fortnite e o resto dos seus xogos da Samsung Galaxy Store como reacción ao que consideran que é unha decisión da compañía surcoreana que atenta contra a competencia: o feito de que o seu novo Bloqueador Automático (que aseguran que chegará activado de fábrica nos novos dispositivos) impida a instalación de aplicacións de fontes descoñecidas ou non autorizadas de xeito predeterminados.
Fortnite chegará a tendas de aplicacións móbiles de terceiros
Compartir Este Artigo

