As salas de xuntanzas das empresas teñen agora un novo proxector de vídeo láser de tiro ultracurto a ter en conta, que chega da man de PFU, o Ricoh PJ UHL3660 UST, que ofrece resolución 4K, un brillo de 6.500 lumenes e tecnoloxía OptiBright para ofrecer imaxes nítidas e claras con cores vivas incluso en espazos con moita iluminación.
Este proxector pode montarse de diferentes xeitos (incluso en vertical e con rotación de 360 graos), incorpora unha grande variedade de funcións de corrección de imaxe trapezoidal e xeométrica para adaptarse a diferentes superficies. O proxecto pode manexarse sen fíos dende un ordenador ou dende un smartphone.
Este robusto proxector, capaz de funcionar constantemente a temperaturas de ata 45 graos e cun deseño a proba de po (IP6X), ten unha proxección ultracurta de 0,24 que crea unha imaxe de 85 polgadas a só 1 centímetro de distancia e pode proxectar unha imaxe de ata 160 polgadas.
Estamos ante un produto orientado a salas de xuntanzas, pero que tamén pode resultar ideal para tendas, museos e calquera outro lugar onde o público poida atoparse preto de superficie de proxección, grazas ás bondades da tecnoloxía de tiro ultra curto.
Vídeo promocional do novo proxector de tiro ultra curto de Ricoh

