Os auriculares de condución ósea gozan de boa aceptación entre os deportistas, por permitir escoitar música ou atender chamadas telefónicas sen obstruír o canal auditivo, de xeito que poden empregarse con seguridade en exteriores mentres se practica deporte, resultando tamén unha tecnoloxía atinada para o seu uso na auga.
Atendendo a esta gama de dispositivos o fabricante de referencia é Shokz, que practicamente son competía coa marca Suunto, pero a cousa pode mudar, xa que un fabricante tan recoñecido como Audio-Technica está a conseguir experiencia no que deu en chamar auriculares de condución por cartilaxe, lanzando agora os seus segundos auriculares con esta tecnoloxía, modelo ATH-CC500BT2 a un prezo de 139 euros.
Audio-Technica sostén que este tipo de auriculares ofrecen unha boa calidade sonora e resultan moi confortables mentres se realizan actividades cotiás como traballar na casa ou na oficina, pasear ao aire libre e facer exercicio.
A compañía quere distinguir a condución cartilaxinosa da condución ósea, ao detallar que cos seus auriculares é a cartilaxe do ouvido externo a que actúa como medio de transmisión do son, chegando as vibracións ao conduto auditivo de xeito que os propios ouvidos funcionan como altofalantes, no que consideran que é un xeito máis seguro e hixiénico de escoitar música. Aseguran que este tipo de tecnoloxía resulta máis cómoda que a condución ósea tradicional por precisar de menos presión para funcionar (polo que ocasiona menos molestias).
Os auriculares ATH-CC500BT2 teñen resistencia á auga IPX4, redución de ruído mediante IA (para ofrecer chamadas e conversas nítidas), emparellamento multipunto, unha autonomía de ata 20 horas de reprodución continua (coa posibilidade de funcionar ata 120 minutos tras 10 minutos de carga), a súa carga pode realizarse a través de USB-C, o seu deseño é lixeiro (32 gramos) e cómodo de levar e contrólanse durante tres botóns físicos.
Un produto realmente interesante, especialmente para os consumidores que confían na marca e queren probar a experiencia sonora sen bloquear o ouvido para sons externos.
Audio-Technica renova os seus auriculares de condución cartilaxinosa
Compartir Este Artigo

