Qualcomm presentou hoxe os novos integrantes da familia de procesadores destinados para xogar, os Snapdragon G, que contará agora cos Snapdragon G3 Gen 3, Snapdragon G2 Gen 2 e Snapdragon G1 Gen 2, que prenden achegar grandes experiencias de xogo portátil, o que poderemos ver en breve en consolas portátiles de compañías como Ayaneo, OneXSugar e Retroid Pocket.
O Snapdragon G3 Gen 3 é o primeiro procesador desta familia en soportar Lumen, o sistema de reflexos e iluminación dinámica de Unreal Engine 5, e está destinado a consolas portátiles baseadas en Android. Fronte á anterior xeración supón unha CPU un 30% máis rápida e unha gráfica un 28% máis potente. Tamén conta con soporte de Wi-Fi 7.
O Snapdragon G2 Gen 2 é un procesador máis modesto, pero igualmente é capaz de mover xogos ata a 144 imaxes por segundo, e pode resultar moi axeitado para tirar proveito de xogos na nube. Teñen unha CPU cos 2,3 veces o desempeño do modelo anterior e un 3,8 de veces de potencia na súa GPU. Tamén incorpora soporte de Wi-Fi 7.
Para concluír, o Snapdragon G2 Gen 2 é un produto bastante máis económico, destinado a chegar a unha maior audiencia, que se conforma con xogos ata Full HD a 120 imaxes por segundo. Está pensado para dispositivos de xogo baseados en Android e para xogar na nube, mellorando fronte a versión anterior un 80% a CPU e un 25% a GPU.
As primeiras consolas portátiles en contar cos novos procesadores serán a Retroid Pocket Classic (cun formato semellante ao dunha Game Boy, e equipada cun Snapdragon G1 Gen 2), a OneXPlayer Onexsugar Sugar 1 e Ayaneo Pocket S3 (ambas equipadas cun Snapdragon G3 Gen 3).
Qualcomm presenta novos procesadores orientados a consolas portátiles
Compartir Este Artigo

