Sony Interactive Entertainment anunciou hoxe Project Defiant, o seu primeiro mando para xogos de loita sen fíos, deseñado especificamente para ofrecer unha experiencia óptima tanto en PS5 como en PC. Este novo periférico busca achegar máis flexibilidade aos xogadores, que poderán elixir entre conectividade sen fíos a través da tecnoloxía PlayStation Link (cunha latencia ultra baixa) ou conexión directa mediante cable USB-C.
A conectividade sen fíos, baseada na tecnoloxía PlayStation Link, ofrece unha resposta precisa e inmediata a cada pulsación, tanto en consola como en PC. Tamén se pode empregar mediante cable USB-C para quen prefira unha conexión tradicional.
Inclúe un estoxo de transporte con correa e compartimento interior adaptado ao mando, que facilita o seu traslado e protección.
Nos vindeiros meses desvelarase o nome comercial do produto que está previsto que saia á venda en 2026.
Vídeo de presentación do mando
