
En palabras da axencia autonómica, o programa ten como finalidade “promover o software libre e a soberanía dixital; potenciar o uso e consumo responsable dos equipos electrónicos e favorecer o alongamento da súa vida útil mediante a reutilización para diminuír os residuos electrónicos”.
A cesión tamén contribúe á redución da fenda dixital e á promoción dunha sociedade dixital máis igualitaria, así como á mellora do acceso a medios tecnolóxicos para o fomento do talento dixital. Seguindo este fío, lembrar que a AMTEGA está a impulsar a reutilización de equipos informáticos e o alongamento da súa vida útil en todos os ámbitos a través do uso de software libre. Recordar tamén que desde 2014, a AMTEGA e a FEGAMP veñen colaborando “na promoción dos coñecementos e competencias dixitais da cidadanía e o impulso da innovación social dixital a través da colaboración e participación, para xerar emprego local e novas oportunidades para emprendedores/as locais, vencelladas á innovación social dixital”.
Os acordos entre a Xunta e os concellos en materia de inclusión dixital permiten a actividade de 93 aulas CeMIT localizadas en máis de 90 municipios repartidos por toda Galicia. Contan con máis de 120.000 persoas usuarias, que participaron en máis de 600.000 horas de formación.
AMTEGA cede equipamento a entidades sen ánimo de lucro a través dos concellos
Compartir Este Artigo

