A tenda de xogos de Epic Games emprega habitualmente os xogos de balde como un reclamo para atraer usuarios, pero ata o día 18 ten unha promoción bastante curiosa, porque non só está a agasallar Monument Valley II e The Battle of Polytopia aos usuarios da súa tenda para móbiles para iOS e Android na Unión Europea, senón que estes mesmos xogos tamén os está a ofrecer, xunto a Ghostrunner 2, totalmente de balde na tenda de xogos para ordenador, o que permite o seu goce en equipos con Windows (e no caso de The Battle of Polytopia, tamén para Mac).
O xogo cyberpunk Ghostrunner 2 xa o agasallaran hai 8 meses, polo que esta nova promoción parece querer atraer a quen aínda non se fixera co título, e fortalecer a oferta dos outros dous xogos, máis propios de dispositivos móbiles, pero que poden ser igualmente divertidos en equipos informáticos. Lembremos que Monument Valley 2 é un título de quebracabezas que destaca polo seu coidado acabado gráfico e sonoro, mentres que The Battle of Polytopia é un título de estratexia por quendas que conta con modos mulxogador tanto local como en liña.
A tenda de Epic Games agasalla xogos para ordenador e móbil
Compartir Este Artigo
