Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ChatGPT Atlas: o navegador web con ChatGPT integrado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Aplicacións

ChatGPT Atlas: o navegador web con ChatGPT integrado

Redacción
Publicado: 21/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

chatgpt_atlas_logo.jpgOpenAI presentou hoxe ChatGPT Atlas, un navegador web deseñado arredor de ChatGPT. A compañía defíneo como un paso cara a un superasistente capaz de comprender o contexto do usuario en tempo real e axudalo directamente mentres navega, sen necesidade de cambiar de xanela nin copiar e pegar información.
Atlas integra as funcións de busca que ChatGPT estreou nos últimos meses e engade novas ferramentas como a memoria do navegador, que permite lembrar o contexto das páxinas visitadas e empregalo en conversas futuras. Así, o usuario pode pedir cousas como «Atopa as ofertas de emprego que consultei a semana pasada e fai un resumo das tendencias do sector». Esta memoria é opcional e pódese revisar, arquivar ou eliminar en calquera momento.
atlas_compra_entradas.jpg Outra das novidades destacadas é o modo axente, que permite a ChatGPT realizar accións directamente no navegador, como buscar información, reservar citas ou mesmo facer pedidos en liña. OpenAI asegura que esta función foi deseñada con medidas de seguridade para evitar riscos, xa que o axente non pode executar código, descargar arquivos nin acceder a outras aplicacións do equipo. A ferramenta tamén se detén en sitios sensibles, como páxinas bancarias, e ofrece a posibilidade de funcionar en modo desconectado para limitar o acceso a datos persoais.
O novo navegador tamén incorpora control paterno, sincronización con favoritos e contrasinais doutros navegadores e un modo incógnito que desactiva automaticamente o historial e as memorias. As memorias do navegador son privadas e non se usan para adestrar os modelos de OpenAI salvo que o usuario opte explicitamente por iso.
atlas_resume_praza.jpg Atlas está dispoñible desde hoxe en macOS para usuarios das modalidades Gratis, Plus, Pro e Go, e en fase beta para Business, Enterprise e Edu. As versións para Windows, iOS e Android chegarán proximamente.
OpenAI avanza que nas vindeiras actualizacións incorporará soporte multiperfil, melloras para desenvolvedores e unha integración máis profunda co SDK de aplicacións de ChatGPT, apuntando tamén que esta é só a primeira etapa dun futuro no que a maior parte da navegación web se realizará a través de sistemas baseados en axentes de IA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Aplicacións

WhatsApp comeza a ofrecer copias de seguridade na súa propia nube

17/11/2026
Aplicacións

Instagram crea Direct, unha aplicación independente para mensaxería

17/11/2026
Aplicacións

Un desenvolvedor melidense crea unha aplicación que pendura capturas de pantalla nun tendal virtual

13/11/2026
Aplicacións

EduLeo facilita a mellora da comprensión lectora

12/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?