Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Spotify actualiza a súa aplicación para Apple TV
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Aplicacións

Spotify actualiza a súa aplicación para Apple TV

Redacción
Publicado: 27/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

spotify_apple_tv.jpgSpotify anunciou unha versión redeseñada da súa aplicación para Apple TV, «reconstruída desde cero para ofrecer unha experiencia máis rápida, intelixente e visual». A versión para tvOS incorpora varias funcións xa presentes na aplicación móbil, pero as principais novidades son a chegada dos videopodcasts e dos videoclips musicais.
A nova versión xa pode descargarse desde a App Store, e os dispositivos con actualizacións automáticas activadas recibirana de aquí a mediados de novembro. Os usuarios levaban tempo reclamando melloras tras anos de queixas en foros como Reddit pola navegación confusa e a falta de opcións dispoñibles noutras plataformas, como Google TV. Esta actualización parece dar resposta a esas críticas.
A reprodución de videoclips xa chegou a 97 mercados de todo o mundo cun catálogo inicial reservado a subscritores de Spotify Premium. Estes vídeos poden verse facilmente mediante a opción cambiar a vídeo, que aparece cando unha canción ten videoclip asociado. Os podcasts con versión en vídeo funcionarán de xeito semellante, con opción de axustar a velocidade de reprodución.
A actualización tamén incorpora outras funcións populares da aplicación móbil, como a xestión da cola de reprodución, a sincronización continua entre dispositivos, a visualización de letras de cancións e o acceso a Spotify DJ, o sistema con intelixencia artificial que suxire o que escoitar a continuación. Ademais, será posible controlar a reprodución no Apple TV desde o móbil ou a tableta mediante Spotify Connect.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Aplicacións

WhatsApp comeza a ofrecer copias de seguridade na súa propia nube

17/11/2026
Aplicacións

Instagram crea Direct, unha aplicación independente para mensaxería

17/11/2026
Aplicacións

Un desenvolvedor melidense crea unha aplicación que pendura capturas de pantalla nun tendal virtual

13/11/2026
Aplicacións

EduLeo facilita a mellora da comprensión lectora

12/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?