A Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), organismo adscrito á Secretaría de Estado de Dixitalización e IA do Goberno de España, recibiu á primeira promoción de estudantes do Grao en Intelixencia Artificial que se imparte en Galicia. O director xeneral da AESIA, Alberto Gago, foi o encargado de dar a benvida a un grupo de máis de 20 estudantes para explicarlles os labores que desenvolve a Axencia así como as principais liñas de actuación que levan a cabo.
Entre ela atópanse o Laboratorio de Ideas en IA, integrado por expertos e expertas de recoñecido prestixio nacional que traballan para adiantarse aos impactos da intelixencia artificial na sociedade, en palabras de Gago “un órgano que funciona a pleno rendemento e que creou na última semana dous novos grupos de traballo sobre a repercusión da IA nos menores e no mercado laboral”.
Tamén lles lembrou que desde a Axencia, España está a deseñar o goberno da IA en Europa a través da participación nunha vintena de grupos nos que se deciden aspectos tan relevantes como como a seguridade dos produtos que usan IA ou a elaboración dos estándares que deben cumprir.
Gago lembrou que a “Axencia non só asegura o cumprimento do Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial senón que tamén acompaña ás empresas na súa innovación, na súa integración dos sistemas de IA nos seus procesos de negocio e tamén fai un labor importante de alfabetización e de formación. Por exemplo temos unha caixa de correos de consultas que en pouco máis dun ano respondemos máis de 1.200 consultas de cidadáns e empresas”.
Os estudantes interesáronse tamén en comprobar como se aborda desde a práctica o Regulamento Europeo de IA a través das contornas de probas controlados. Neste sentido, Alberto Gago explicoulles que o sandbox desenvolvido coa Secretaría de Estado permitiu que 12 empresas fosen asesoradas e acompañadas durante todo o proceso de posta en marchar e comercialización dos produtos con IA asegurando que cumpren coa normativa. Froito dese traballo elaboráronse tamén 16 guías que están na web da AESIA e que son un apoio fundamental para poder entender e aplicar a normativa.
Os estudantes tiveron tempo tamén para coñecer ao equipo que integra a Axencia así como as funcións que desenvolve cada departamento. Durante a charla cos empregados e empregadas da AESIA tamén se interesaron polas saídas laborais que ofrece unha Axencia que é referente internacional e pioneira en toda Europa.
O encontro coa primeira promoción do Grao en IA súmase a outras visitas que a Axencia organizou nos últimos meses con persoas da terceira idade, desenvolvedores, etc.
A AESIA tamén saíu de Galicia a través dos Encontros coa Cidadanía que o Laboratorio de Ideas en IA continúa organizando por diferentes cidades de toda a xeografía española.
Ademais as portas dixitais da Axencia permanecen abertas 24 horas os 365 días do ano a través do seu correo electrónico e das redes sociais.
A AESIA recibe á primeira promoción do Grao en Intelixencia Artificial de Galicia
Compartir Este Artigo
