A cuarta edición do Rianxo Gaming celebrouse o pasado sábado na praza de Castelao, no Campo de Arriba da vila rianxeira. Segundo confirmou a organización, o evento foi un rotundo éxito de participación e converteu o espazo urbano nun gran punto de encontro de lecer dixital cunha entrada totalmente gratuíta. Pola cita pasaron centos de persoas, especialmente xente nova (seareiros/as das novas tecnoloxías e dos videoxogos).
“Ano a ano o Rianxo Gaming vaise consolidando como unha das feiras da cultura do videoxogo máis destacadas do panorama galego”, explicou o Concello.
O programa veu con múltiples actividades para seareiros dos videoxogos ou para visitantes en xeral: xogo libre (Arcade, VR Arena, PC, Retro), mostra de xogos retro, arcades, tendas, xantar, música e unha ampla variedade de torneos.
O programa incluíu tamén a presentación de tres videoxogos galegos (na Zona Indie): Golpes e Broucazos, Pis-To-Le-Ro e Fraga. Os asistentes puideron probar estes títulos en diferentes fases de desenvolvemento e charlar directamente cos seus creadores.
O evento está promovido polo Concello de Rianxo e a produción técnica é de Lúa Gaming, a empresa galega de deportes en liña e eventos.
Novo éxito de participación do Rianxo Gaming, que chegou á súa IV edición
Compartir Este Artigo
