Mentres en moitos establecementos en liña venden pantallas de tinta electrónica que poden acoplarse magneticamente á parte traseira do smartphone para dotalo de funcións de lector de libros electrónicos, dende Hisense estarían a traballar xusto no contrario.
O fabricante chinés vén de presentar o Hisense A10, un smartphone con Android 16, procesador Qualcomm, conectividade 5G e Wi-Fi 6 e, como detalle diferenciador, unha pantalla principal de tinta electrónica cunha diagonal de 6,13 polgadas, que ofrecería unha experiencia de lectura como a de calquera lector de libros electrónicos e, para quen queira ver fotografías ou outros contidos nos que a cor teña importancia, permite engadir magneticamente unha pantalla LCD secundaria.
Unha proposta moi rechamante, que dificilmente sairá do mercado chinés, pero que podería resultar interesante para todos os defensores da desconexión dixital (xa que as pantalla de tinta electrónica desincentivan o consumo de contidos de vídeo vertical de desprazamento infinito).
Hisense sorprende cun curioso smartphone con pantalla de tinta electrónica
Compartir Este Artigo
