
A céntrica rúa do Príncipe do Vigo, a carón do MARCO, acolleu este xoves a presentación da X edición do Galician Freaky Film Festival, que se celebra entre o 17 e o 26 de setembro coa praza Elíptica e os cinemas Tamberlick da cidade como centro de operacións. No acto desvelouse o cartel deste ano, dedicado a Vingador Tóxico, protagonista dunha das sagas máis celebradas do xénero fantástico e de terror que vertebra o festival. Comunicáronse, así mesmo, as principais novidades do 10º Galician Freak, como son a incorporación dunha sección competitiva de longametraxes, o fortalecemento das actividades de industria, o cuarto concurso de cómics ou a sección internacional Freak Pitch para premiar con 500 euros dous proxecto de contidos audiovisuais en desenvolvemento.

Na cita participou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil, quen lembrou que o festival está incluído nas subvencións da Xunta a eventos do sector audiovisual. Tamén estivo a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, quen recordou que a cita forma parte do circuíto provincial de festivais Rías Baixas Film Fest.
“As 10 edicións deste festival non son ningunha broma”, sinalou a vicepresidenta, que asegurou que “alguén a estas alturas aínda pode ter a tentación de pensar que detrás dos códigos do mundo freak non hai seriedade, e non deben levarse a engano” xa que “estamos a falar dun movemento cultural e social cunha forte identidade, cunha linguaxe propia chega de subtextos e dunha comunidade aberta, que viven con paixón e normalidade ser diferentes”.
Luisa Sánchez deu os parabéns á organización polo seu traballo “profesional e coidado” e pola “dimensión local que sempre está presente: identificamos este festival con Vigo e Vigo identifícase convosco”.
A vicepresidenta provincial asegurou que “o maior orgullo é acompañarvos cada ano e ver como o festival medra, podendo desde a Deputación apoiarvos máis en cada edición”, e puxo en valor a “capa de internacionalización” que acadou o festival coa entrega do premio Méliès de Prata á mellor curtametraxe fantástica europea.
Na cita tamén participaron a concelleira de Igualdade e Comercio de Vigo, Ana Laura Iglesias; a subdirectora do festival, Miriam Álvarez; e o director do certame, Juan de Castro. Tamén estivo presente Toxie, o vengador tóxico “con identidade viguesa” que será a mascota desta convocatoria.
Na presentación deuse a coñecer o cartel oficial desta edición, inspirado en The Fly, a película de David Cronenberg titulada no mercado español como A Mosca. España como A Mosca.
O estival incluirá unha sección adicada a filmes de culto do cinema fantástico (GFFF) e un paseo de mortos viventes (o segundo Zombi Walk) previsto para o 12 de setembro, que percorrerá a rúa Príncipe co obxectivo de superar os máis de 400 participantes da edición anterior. Amais, volve a sección Pequefreak, o espazo familiar adicado a curtametraxes, longametraxes e obradoiros para o público infantil.
Na súa última edición o festival xuntou máis de 4.000 seareiros.
