
A Cámara de Comercio de Santiago, en colaboración co prestixioso formador Javier Rocamora, volve en setembro cunha formación que pon en foco na vertente construtiva e creativa da intelixencia artificial, de gran interese para pemes e persoas autónomas. Estamos a falar do seminario Aprende a usar a IA para xerar contido nas túas redes sociais, web e publicidade dixital.
Desenvolverase entre o martes, 15 de setembro e o xoves 17 de setembro de 2026 en horario de 10:00 a 12:00 horas. Levarase a cabo en formato presencial na sede cameral da rúa República Checa (40) da entidade cameral.
O obxectivo é que as persoas asistentes poidan utilizar a IA como ferramenta de traballo nos teus contidos dixitais. Poderán ver que é a IA e como funciona, que é o LLM (Large Language Models), como falar cunha IA (como crear un bo prompt para non perderse nun ciclo eterno de correccións e fallos), que lle poden pedir a unha IA e que é mellor non pedirlle, coñecer as diferencias e particularidades dos distintos servizos (ChatGPT, Google Gemini, DeepSeek, Claude, Perplexity, Mistral, Grok, Meta AI), afondar nos diferentes modos das IA (rápido e razoamento profundo), coñecer propostas prácticas doutros usos das IAs xeneralistas; empregar ferramentas de deseño gráfico, imaxe e vídeo con IA integrada (Canva e Freepik); ou crear e editar imaxes, presentacións, música e efectos de son con IA.
Tamén haberá (entre outras cousas) un obradoiro práctico sobre Google Gemini con vistas a deseñar unha campaña de publicidade dixital para unha peme en tres mercados (España, Francia e Portugal), tanto a estratexia da campaña como o contido dos anuncios (textos, imaxes e vídeos).
O curso será impartido por Javier Rocamora García, consultor autónomo especializado e con dilatada experiencia en marketing dixital, xestión de redes sociais e comercio electrónico desde 2008, operando baixo a marca comercial As 3 En Punto.
