
Minecraft contará cunha versión específica para Nintendo Switch 2 a partir do vindeiro 27 de outubro. O lanzamento permitirá aproveitar as capacidades da nova consola mediante o modo gráfico Vibrant Visuals, que pasa a ser a configuración predeterminada e incorpora melloras na iluminación, nas sombras e noutros efectos visuais. Estas melloras tamén serán compatibles cos contidos dispoñibles en Minecraft Marketplace que admitan esta tecnoloxía.
O lanzamento irá acompañado dunha actualización do paquete Super Mario Mash-Up, exclusivo das versións de Minecraft para consolas Nintendo. Este contido inclúe un mundo temático inspirado no universo de Super Mario, música específica e aparencias exclusivas, ademais de recreacións de localizacións coñecidas como o castelo de Peach ou a Praza Delfino.
Os usuarios que xa dispoñan de Minecraft para a Nintendo Switch actual poderán acceder un sistema de actualización dixital cara á versión para Nintendo Switch 2 aínda por detallar.
