
O xogo Grand Theft Auto VI non chegará ao mercado ata o 19 de novembro, con versión para PlayStation 5 e Xbox Series X|S, estando xa dispoñible en reserva, con millóns de copias adquiridas de xeito anticipado pese a non se ter amosado nin un minuto de vídeo do xogo en acción.
Pero a esperar por saber máis deste grande traballo de Rockstar Games achégase á súa fin, pois veñen de anunciar que, en vez dun novo tráiler, a vindeira aproximación ao xogo realizarase a través de Grand Theft Auto VI: Una mirada extendida, reportaxe que se estreará en primicia en Netflix dentro de tres semanas.
Será o xoves 27 de agosto ás 21:00 horas cando será posible ver esta produción en Netflix, aínda que os que non estean subscritos á plataforma poderán gozar deste peza audiovisual en YouTube e na páxina web do xogo a partir de 6 horas despois da súa chegada a Netflix. Aínda que é de prever que en YouTube acumule moitos millóns de reproducións nas súas primeiras horas, será interesante ver se Netflix tamén pode ser unha plataforma interesante para a publicación de contidos promocionais que buscan a atención de moitos millóns de usuarios espallados por todo o mundo.

