
Hai preto dun ano Sony Interactive Entertainment (SIE) anunciou os Pulse Elevate, uns altofalantes sen fíos pensados para o xogo no escritorio, que facendo uso da tecnoloxía PlayStation Link buscan trasladar a comodidade dos auriculares Pulse Elite e Pulse Explore a un novo formato.
Os novos altofalantes funcionan con PlayStation 5, PC e Mac, sendo incluso posible o seu uso en mobilidade con PlayStation Portal valéndose da conectividade Bluetooth.

Aínda que o seu principal reclamo é a latencia ultrabaixa, destacan por ser compatibles con Tempest 3D AudioTech, ou sexa, que poden achegar unha experiencia especialmente inmersiva en certos títulos de PlayStation 5. Amais, o altofalante dereito integra un micrófono con cancelación de ruído asista por IA, para poder manter conversas de voz nítidas sen auriculares.
En xuño xa deran conta de que estes altofalantes sairían a finais do presente ano, e por fin concretan os detalles deste lanzamento. Os altofalantes Pulse Elevate abriran as súas reservas o 1 de setembro para converterse nunha realidade o 12 de novembro. O que xa non resulta tan agradable é o seu prezo, que será de 219,99 euros, algo que non debería sorprender no actual panorama de prezos desorbitados que experimenta o sector dos videoxogos.
