
Dende Ubisoft Milan e Ubisoft Montpellier están a traballar nunha revisión do Rayman Legends de 2013 titulada Rayman Legends Retold, que chegará o 1 de outobro a PC, Xbox Series X|S, PlayStation 5 e Nintendo Switch 2, e que se caracteriza por ser un xogo de plataformas de desprazamento lateral ao ritmo da música.

O xogo busca levar esta fórmula tan divertida a novas xeracións, polo que tamén está a actualizar o seu catálogo musical con novos niveis, dos que fixo especial graza o revelado durante a Gamescom, por amosar un escenario que mestura caracterizacións mexicanas e italianas mentres se escoita unha versión da Macarena, pero no que xogan a confundir o nome da rapaza á que cantaban Los del río cos macarróns (macaroni), o que afecta ao espazo no que transcorre a acción para delicia dos xogadores que botarán unhas risas mentres avanzan seguindo un dos temas musicais españois máis universais.
