
O Recinto Feiral de Pontevedra acolleu esta fin de semana (o sábado e o domingo) unha nova edición (a quinta) da Lérez Up, o salón do videoxogo e da cultura friki da cidade.
Organizado por Gaming Troop en colaboración co Concello, foi novamente un lugar de encontro para públicos de todas as idades, reunindo a familias, mocidade e persoas adultas interesadas nos videoxogos, o Cosplay, a cultura xaponesa e o lecer alternativo. En concreto, foi quen de xuntar máis de 5.000 asistentes, 3.000 o primeiro día.
Amais, case 120 persoas participaron no torneo de Smash, 30 no concurso de Cosplay e 21 no K-pop. Na inauguración participou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quen destacou o carácter da Lérez Up como “evento especial”, unha cita pola que apostamos desde o minuto un, organizada de maneira espectacular por unha asociación local Gaming Troop e que medra cada ano.
A programación superou este ano o cento de actividades reuniu máis de 50 artistas e expositores, ademais de máis de vinte torneos (por exemplo de League of Legends, Valorant, EA Sports FC 26, Mario Kart World, Tekken 8 e Street Fighter 6).

