
Beats presenta os Beats 360, os seus novos auriculares de diadema de gama alta, que introducen como principal novidade un sistema de almofadas intercambiables para as orellas e a diadema. Chegan a España a un prezo de 349,95 euros, con catro cores de serie (negro, nube, rosa e azul celeste), e estarán dispoñible nas tendas a partir do 24 de setembro.

As almofadas pódense substituír por outras de distintas cores e materiais, permitindo modificar tanto o aspecto dos auriculares como as súas características de uso. De serie inclúense as de tecido, fabricadas con escuma viscoelástica e un tecido transpirable. Tamén están dispoñibles as UltraPlush, con coiro sintético, pensadas para sesións prolongadas de escoita.
O apartado acústico contan cunha arquitectura desenvolvida especificamente para os Beats 360 e en transdutores propios con diafragmas de tres capas e dous imáns de neodimio por unidade. Esta configuración permite obter baixos potentes, maior precisión e unha distorsión moi baixa.

A cancelación activa de ruído é tamén a máis avanzada empregada ata agora por Beats, cun rendemento que permite cancelar ata 1,75 veces máis ruído total que os Beats Studio Pro. O modo Transparencia permite escoitar o exterior cando sexa necesario, mentres que o ecualizador adaptativo axusta continuamente as frecuencias en función do axuste dos auriculares.
Os Beats 360 incorporan ademais Audio Espacial Personalizado con seguimento dinámico da cabeza e compatibilidade con Dolby Atmos. Un acelerómetro e un xiroscopio integrados no auricular esquerdo permiten adaptar a posición do son aos movementos da cabeza.
O deseño busca combinar estabilidade e comodidade durante períodos prolongados. A nova arquitectura da diadema redistribúe o peso e a presión para reducir a sensación de carga sobre a cabeza, mentres que as almofadas forman un selado arredor das orellas que contribúe tanto ao illamento como á reprodución acústica.
Beats incorpora por primeira vez resistencia á suor e á auga IPX4 nun dos seus auriculares de diadema. O deseño tamén é abatible e inclúe unha funda de tecido antidesgarro para o transporte.

Teñen conectividade Bluetooth 5.3 e con dispositivos de Apple ofrecen emparellamento cun só toque, Siri sempre dispoñible, cambio automático entre dispositivos, Audio Compartido, FaceTime con Audio Espacial, Audio Espacial Personalizado e integración coa rede Buscar. En Android incorporan Fast Pair, cambio de audio e Find Hub.
Os controis físicos sitúanse na parte traseira dos auriculares. O auricular dereito integra os controis de volume e reprodución, mentres que o esquerdo conta co botón de acendido e outro específico para cambiar entre os modos de escoita.
Para chamadas utiliza nove micrófonos MEMS dixitais, con diferentes unidades destinadas á cancelación de ruído e á captación da voz. A combinación de micrófonos con formación de feixes permite reducir o ruído ambiental e adaptar a captación á situación durante as chamadas.
A autonomía chega ás 32 horas coa cancelación activa de ruído e o modo Transparencia desactivados, e mantense en ata 32 horas con cancelación activa e Audio Espacial Personalizado. A carga rápida permite obter ata unha hora de reprodución con cinco minutos conectados por USB-C.
Coincidindo co lanzamento dos Beats 360, os Beats Studio Pro pasan a ter un prezo de 299,95 euros (o que supón unha rebaixa de 100 euros).

