
Tras o anuncio dos novos procesadores Snapdragon 8 Elite Extreme Gen 6 e Snapdragon 8 Elite Gen 6, dende Xiaomi quixeron saír a anunciar que os seus novos smartphones Xiaomi 18 Pro serán os primeiros en incluír os novos procesadores de Qualcomm.
Esta afirmación non a realizan de xeito gratuíto, xa que os novos móbiles insignia de Xiaomi saen á venda en China nas vindeiras horas, e como grande nova confirman que, por primeira vez nesta familia de dispositivos, terán un lanzamento global, polo que confíase en que traian o seu rechamante deseño tamén a España.

Á espera do lanzamento oficial, confíase en que a nova familia de smartphones parta do Xiaomi 18 Pro, cun procesador Snapdragon 8 Elite Gen 6, pantalla OLED de 6,3 polgadas, pantalla traseira no módulo de cámaras, cámara traseira tripla (con sensores de 200 Mpíxeles para a o grande angular estabilizado e o teleobxectivo 3.2x e de 50 Mpíxeles para o ultra grande angular), cámara frontal de 50 Mpíxeles e batería de 7.000 mAh con carga rápida de 100 watts por cable e 50 watts sen fíos.

Para usuarios máis esixentes estaría o Xiaomi 18 Pro Max, que coincidiría en deseño e prestacións, adoptando un tamaño de pantalla de 6,9 polgadas e equipando un procesador Snapdragon 8 Elite Extreme Gen 6 e batería de 8.500 mAh.
Cómpre salientar que estes dispositivos terán prezos de gama alta (en China o Xiaomi 18 Pro parte de 785 euros ao cambio e o Xiaomi 18 Pro Max de 916 euros, podendo chegar a 1.309 e 1.439 euros respectivamente), aínda que non serán poucos os que amosarán interese polos mesmos por mor da súa rechamante pantalla integrada no módulo de cámaras, que xa presentaba o Xiami 17 Pro, pero que non chegou a comercializarse oficialmente en Europa.

A versión máis cara de ambos modelos de Xiaomi é a que está equipada con 16 GB de RAM, 1 TB de almacenamento e un panel traseiro transparente vermello coñecido como Xiaomi Dragon Crystal Glass 3.0, e que foi unha das grandes sorpresas da presentación da nova familia de teléfonos.
