
JBL presentou a nova serie Cinema SB MK2, formada por catro barras de son pensadas para mellorar o audio dos televisores e facilitar a creación dun sistema de son envolvente. A principal novidade é SurroundPlay, unha tecnoloxía que permite utilizar dous JBL Flip 7 como altofalantes traseiros sen fíos.
A gama está formada polos modelos SB510MK2, SB550MK2, SB580MK2 e SB595MK2, con potencias de saída de 200, 360 e 440 watts segundo a versión. Todas incorporan unha canle central dedicada para favorecer a claridade dos diálogos e conectividade Bluetooth e Auracast.
A SB595MK2 sitúase no nivel superior, cun sistema de 3.1.2 canles, dous altofalantes orientados cara arriba para True Dolby Atmos e un subwoofer sen fíos de 6,5 polgadas. A SB580MK2 tamén ofrece 440 watts, Dolby Atmos e subwoofer sen fíos de 6,5 polgadas, mentres que a SB550MK2 baixa a 360 watts e emprega un subwoofer sen fíos de 5,25 polgadas. A SB510MK2 ofrece 200 watts mediante un deseño todo en un con subwoofer integrado.
SurroundPlay permite empregar un par de JBL Flip 7 compatibles como canles traseiras, activándoos desde a propia barra de son. É a primeira vez que esta función permite combinar as barras Cinema SB con altofalantes portátiles JBL para crear un sistema envolvente.
Os modelos SB595MK2, SB580MK2 e SB550MK2 incorporan ademais un deseño encartable en forma de U que reduce o volume do embalaxe ata un 20 %. Segundo JBL, esta redución facilita o transporte e diminúe a pegada de carbono asociada.
A SB595MK2 e a SB580MK2 dispoñen de HDMI-IN e HDMI eARC, mentres que a SB550MK2 e a SB510MK2 ofrecen HDMI ARC. As catro barras poden conectarse tamén mediante Bluetooth e Auracast.
| SB595MK2 | SB580MK2 | SB550MK2 | SB510MK2 | |
| Potencia de saída | 440 watts | 440 watts | 360 watts | 200 watts |
| Subwoofer | 6,5 polgadas, sen fíos | 6,5 polgadas, sen fíos | 5,25 polgadas, sen fíos | Integrado |
| Dolby Atmos® | True Dolby Atmos | Dolby Atmos | Dolby Audio | Dolby Audio |
| Canle central específica | Si | Si | Si | Si |
| Multicanle | 3.1.2 | 3.1 | 3.1 | 3.1 |
| HDMI | Entrada HDMI e HDMI eARC | Entrada HDMI e HDMI eARC | HDMI ARC | HDMI ARC |
| Música sen fíos | Si, con Bluetooth e Auracast™ | Si, con Bluetooth e Auracast™ | Si, con Bluetooth e Auracast™ | Si, con Bluetooth e Auracast™ |
| Pregable | Si | Si | Si | Non |
| Dispoñibilidade | Outubro de 2026 | Outubro de 2026 | Outubro de 2026 | Outubro de 2026 |
| Prezo | 449,99 € | 349,99 € | 249,99 € | 199,99 € |

