
Videoxogo.gal, Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos, ofrecerá o 17 de outubro unha xornada interactiva de videoxogos con actividades e exposicións de proxectos galegos: Punto de Gardado. A cita inclúe unha axenda ininterrompida de oito horas con acceso libre e de balde para todos os públicos.
O fío condutor do evento será situar a creación propia e a lingua galega no epicentro do lecer dixital contemporáneo, “combinando divulgación profesional, actividades lúdicas e competición”, informaron dende a asociación galega, organizadora do encontro.
O evento terá lugar no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, o vindeiro sábado 17 de outubro, de 11:00 a 19:00 horas.
Como dixemos, a creación galega ocupará unha posición central, con demostracións acompañadas, retos en galego e un torneo vinculado a varios xogos desenvoltos en Galicia.
Zonas do evento
- VR e AR. Inmersión en experiencias VR e AR, como o Galiverso, a Arena VR ou Compostella Expeditio.
- Xogo libre. Zona de xogo aberto pensado como punto de socialización.
- Videoxogos Galegos. Lugar de networking e showcase para xogos galegos.
- Xogos de mesa. Xogos feitos en Galicia e xogos de iniciación.
- Zona de drons. Dron Soccer, simulador de drons e probas de drons reais.
Zona de VR e AR
Trátase dunha zona de realidade virtual con 4 postos equipados, na que o público poderá probar experiencias variadas de ocio inmersivo, incluíndo as experiencias do programa Galiverso, Compostella Expeditio, Simuladores da Liga Galega de Drones, e unha Area de VR. O persoal dinamizador acompañará e guiará aos asistentes en galego durante cada experiencia. Esta zona achega a tecnoloxía máis innovadora ao público xeral e reforza a dimensión cultural e tecnolóxica galega da xornada, ofrecendo unha porta de entrada accesible e atractiva ao mundo da realidade virtual.
Zona de Xogo Libre
A Zona de Xogo Libre foi concibida como unha zona de consolas con postos de xogo libre equipados con Nintendo, pensada para darlle diversidade e dinamismo á xornada. Persoal dinamizador en galego acompañará e organizará as quendas de xogo. Este espazo, “de carácter máis aberto e distendido”, complementa a competición indie e convértese nun punto de encontro e socialización para o público asistente entre as distintas actividades do evento.
Zona de Xogos feitos en Galicia
Unha zona na que os desenvolvedores galegos poderán amosar os seus proxectos, e falar cos xogadores. Cada estudo ou autor/a dispón dun espazo de presentación pública da súa obra, impartido en galego ante o público asistente. “Este momento dá voz directa aos creadores galegos as e xera contido de valor sobre a industria creativa galega”, avanzan dende a organización.
Xogos presentes
- Os Bosques da Galaquia
- Fraga
- Make Do
- Tiny Desktop
- Die or Die
- Kero Corp
- Kitty Witchy
- Imago Season
- The Plant Shop
- Pistoleros
- Spells and Spices
- Toupi
- Candil
- Brut
Xogos de mesa galegos
Haberá tamén un espazo para os xogos de mesa galegos, centrado en produtos creados por autores e editoras galegas. Dinamizadores especializados explicarán as regras e animarán as partidas en galego, de xeito que as persoas asistentes poidan coñecer e xogar a títulos de autoría galega.
Os xogos dispoñibles serán:
- Counter Slime
- Rotting Pizza
- Curruncho Galego
- Harumaker
- Pregal Studios
- El Pacto
Zona de Drons
A Zona de Drons será un espazo adicado á proba e exhibición de drons reais, con actividades como o Dron Soccer e obradoiros e exposicións sobre o mundo dos drons.
Cronograma de actividades
Pola mañá
- 11:00 – Apertura e benvida. Entrega de pasaportes, reservas e indicacións breves. Zonas xa operativas.
- 11:10 – Descubre xogos galegos. Apertura de stands de xogos feitos en Galicia. (Zona stands)
- 11:15 – Xincana dixital retro. Competición de xogos retro. (Zona Legion Gamer)
- 11:30 – Torneo de Xelatina ten fame. (Escenario)
- 12:30 – Torneo de Shabby Ring. (Escenario)
- 13:00 – Conecta Videoxogo.gal. Coñece a asociación e disfruta dun punto de networking coas persoas asociadas. (Zona socios)
- 13:30 – Coñece quen o creou I. Descubre quen é ChusGames. (Escenario)
- 13:45 – Torneo de Candil. (Escenario)
- 14:00 – Fin xincana dixital retro- Competición de xogos retro. (Zona Legion Gamer)
Pola tarde
- 15:00 – Torneo de One BTN Bosses. (Escenario)
- 15:15 – Xincana dixital retro. Competición de xogos retro. (Zona Legion Gamer)
- 15:30 – Descubre 3 xogos galegos. Coñece a 3 creadores asociados. (Zona socios)
- 16:00 – Coñece quen o creou II. Descubre quen é Liceo Gaming. (Escenario)
- 16:15 – Torneo de Decay. (Escenario)
- 17:00 – Coñece quen o creou III. Descubre quen é Widijou. (Escenario)
- 17:15 – Torneo de Golpes e Broucazos. (Escenario)
- 18:00 – Coñece quen o creou III. Descubre quen é Ao norte. (Escenario)
- 18:15 – Torneo de The Pet Squad. (Escenario)
- 19:00 – Fin xincana dixital retro. Competición de xogos retro. (Zona Legion Gamer)
- 19:15 – Últimas experiencias e peche
Actividades todo o día
- 11:10 a 19:00 – Descubre xogos galegos. Apertura de stands de xogos feitos en Galicia.
- 11:15 a 14:00 – Xincana dixital retro. Competición de xogos retro. (Zona Legion Gamer)
- 15:15 a 19:00 – Xincana dixital retro. Competición de xogos retro. (Zona Legion Gamer)

