
Estes días tivemos ocasión de coñecer a versión 2.6.0 de CapturaLibre DNET, unha aplicación gratuíta e de código aberto desenvolvida para capturar e editar capturas de pantalla en Windows 10 e 11. Trátase dunha ferramenta dispoñible en 61 idiomas, incluído o galego, permitindo que as persoas usuarias traballen coa interface na súa propia lingua.
Os seus creadores destacan que CapturaLibre funciona integramente no ordenador, sen publicidade, subscricións nin telemetría, e non envía automaticamente as capturas a servidores externos.
Ademais, a versión 2.6.0 incorpora ferramentas de selección precisa, anotacións avanzadas, pasos numerados para titoriais, pixelado e desenfoque para protexer datos privados, así como un historial local de capturas.
Dende o equipo de desenvolvemento salientan que se trata dunha ferramenta útil no ámbito educativo, universitario, administrativo e cultural, especialmente para a elaboración de documentación, materiais didácticos e contidos dixitais en galego.
O programa distribúese gratuitamente baixo a licenza MIT e ofrece tanto un instalador como unha versión portátil.
Dez melloras

A nova versión incorpora dez melloras importantes, entre elas unha lupa para seleccionar zonas con precisión, pasos numerados para titoriais, pixelación e desenfoque para ocultar información, anotacións máis completas, perfís de captura e un historial local con miniaturas.
