
Promover e dar a coñecer a música tradicional galega é o obxectivo dunha nova app que acaba de ver a luz, estamos a falar de Foliada. Dispoñible publicamente en Google Play, Foliada chega para reunir, conservar e divulgar cantigas tradicionais galegas. Esta aplicación permite: consultar e buscar letras de cantigas, filtrar por tipo e zona, gardar cantigas como favoritas, descubrir unha cantiga ao azar, compartir as letras con outras persoas, consultar as letras sen conexión despois da primeira carga, achegar novas cantigas e gravacións e informar de erros ou datos que precisen revisión.
Detrás desta app atopamos ao programador web Víctor Cancela, quen agradece a ogalego.gal por permitir a incorporación a Foliada das cantigas recollidas na súa web e polo seu importante traballo de divulgación da lingua, da música e da cultura galegas. A súa colaboración foi esencial para formar unha parte importante do cancioneiro inicial da aplicación, mantendo sempre a referencia e a ligazón á fonte. No apartado de agradecementos, Víctor menciona tamén a todas as persoas que
A aplicación seguirá a medrar coa achega de todas as persoas interesadas na música tradicional galega.
