
O CPETIG asinou un convenio de colaboración con VeriFactus, plataforma de facturación electrónica adaptada ao sistema VeriFactu da Axencia Tributaria. O obxectivo é facilitarlles aos colexiados e colexiadas o cumprimento das novas obrigas en materia de facturación.
Grazas a este acordo, as persoas colexiadas poderán usar a plataforma con condicións económicas exclusivas.
O CPETIG lembra que VeriFactus ofrece servizo cen por cen en liña sen instalacións nin licenzas por equipo; xeración automática da pegada dixital encadeada (hash), o código QR e o rexistro de facturación, con remisión dos rexistros á AEAT; facturas, clientes e produtos ilimitados, rexistro de gastos, informes para as declaracións trimestrais e exportación para a xestoría; e actualizacións normativas e soporte (correo e chat) incluídos, con servidores en España.
Como sinalamos, VeriFactus é un software de facturación en liña deseñado especificamente en España para axudar a autónomos e empresas a adaptarse á normativa fiscal VeriFactu.

