
Será do 24 ao 26 de novembro, na Facultade de Filoloxía (Santiago de Compostela), onde terá lugar o Simposio do Instituto da Lingua Galega (ILG) 2026 da USC, un encontro que reunirá investigadoras/es da análise do discurso, da sociolingüística e da didáctica da lingua, xunto con persoas adicadas á creación de contidos, para pensar conxuntamente este escenario.
O dito simposio analizará cuestións como as prácticas lingüísticas nas redes sociais, a creación de contido en linguas minorizadas, o multilingüismo, os discursos de odio contra o galego ou as posibilidades destes espazos como recurso para a investigación, a innovación docente e a transmisión lingüística.
Engadir que as inscricións poden formalizarse en liña ata o 20 de novembro. A sesión de apertura botará andar o martes 24, ás 15.30 horas.
“Para as linguas minorizadas, estes espazos presentan un escenario complexo: ofrecen novas posibilidades de visibilización, creación de comunidades e transmisión lingüística, ao tempo que introducen condicionantes específicos, como a mediación algorítmica, a desigual presenza das linguas nas plataformas ou a circulación de discursos de estigmatización e odio”, destacan dende o comité organizador integrado por Carme Silva-Domínguez, Estela Fidalgo-Garra e Miguel Guisantes-Alonso.
O encontro abordará cuestións como as prácticas lingüísticas nas redes sociais, a creación de contido en linguas minorizadas, o multilingüismo, os discursos de odio contra o galego ou as posibilidades destes espazos como recurso para a investigación, a innovación docente e a transmisión lingüística.

