
Levamos moitos meses agardando a que chegue a competencia ás lentes con IA de Meta por parte de Samsung e Google, e finalmente a espera chega á súa fin, e un dos socios que as empresas tecnolóxicas adoptaron para esta aventura, Gentle Monster, está a adiantar que as súas lentes intelixentes iniciarán as súas reservas o vindeiro 12 de novembro para chegar ao mercado estadounidense en decembro.

Para realizar este anuncio publicaron unha peza audiovisual protagonizada por Joaquin Phoenix e dirixida por Jonathan Glazer, e que convida a visitar a páxina web do fabricante, na que podemos ver varios dos modelos de lentes (e solicitar un convite para asistir á presentación das lentes en Nova York) que integrarán a tecnoloxía de Google e Samsung, facilitando así a incorporación de Gemini no día a día dos usuarios dun xeito máis natural que o móbil.
As novas lentes funcionarán con Android XR, e tamén estarían acompañadas por outros modelos do fabricante Warby Parker. O que segue a ser unha incógnita é se chegarán a España, xa que os fabricantes cos que se asociaron Samsung e Google non teñen presenza comercial no noso territorio, en contraste co que acontece con Ray-Ban e Oakley (marcas coas que se asociou Meta).

