
O Grupo Promedia, empresa de desenvolvemento web e aplicacións de Santiago de Compostela, compartiu información detallada sobre o lanzamento de tres ferramentas web gratuítas que vén de desenvolver e que facilitan o ordenamento, a creación e a lectura de documentos: OrganizaPDF, LotPDF e Lecturia.
Segundo indica a empresa, as tres ferramentas teñen en común un alto compoñente innovador no seu funcionamento: son ferramentas que facilitan traballos con documentos dentro do navegador, sen que sexa preciso subir documentos a ningún servidor e sen que se haxa que rexistrar nin instalar nada.
Permiten en termos xenéricos facer tarefas como unir dous PDF para un trámite, comprimir un escaneado para unha sede electrónica ou converter un cartafol de fotos nun documento adoita obrigar a subir papeis persoais a webs descoñecidas.

As tres xa están dispoñibles, son de balde e de libro acceso e poden probarse sen ningún requisito previo.
Segundo explican dende Promedia, “a diferenza destas ferramentas con respecto a outras dispoñibles é ben sinxela de explicar: o documento non viaxa a ningunha parte; ábrese, procésase e gárdase no mesmo equipo, de modo que ninguén máis, tampouco Grupo Promedia, chega a velo nin a conservalo; abonda con entrar na web, arrastrar os arquivos e traballar”.
Tres ferramentas que se complementan
Cada web resolve unha necesidade distinta, pero están pensadas para usarse xuntas: LotPDF crea os documentos, OrganizaPDF déixaos listos para enviar e Lecturia permite lelos con comodidade.
OrganizaPDF é unha mesa de traballo para PDF. Permite unir varios arquivos, separalos, reordenar páxinas arrastrándoas, viralas ou eliminalas, e mesmo engadir fotos como páxinas. Comprime documentos ata o tamaño máximo que pide unha sede electrónica, converte páxinas en imaxes, engade texto, sinaturas e comentarios, tapa de forma definitiva datos sensibles como un DNI ou unha conta bancaria, e pon números de páxina, marca de auga, papelería corporativa ou contrasinal.
Pola súa banda, LotPDF converte cartafoles de imaxes en documentos PDF ou CBZ, moitas á vez. Cada cartafol transfórmase nun arquivo co seu mesmo nome, coas páxinas en orde e na súa calidade orixinal, sen volver comprimir as fotos. Resulta útil para dixitalizar arquivos, catálogos, apuntamentos ou coleccións de cómics, segundo sinala o grupo compostelán.

Por último, Lecturia é un lector de revistas e cómics que se manexa coz voz. Abonda con dicir “seguinte” para pasar de páxina, pedir unha páxina concreta ou activar o pase automático. O recoñecemento de voz funciona en español e dentro do propio equipo. Tamén inclúe zoom a unha zona concreta e pode usarse con teclado e rato.

