
Miguel Gamboa, autor de Mapa Galicia, desenvolve coa súa empresa, Bedel, unha canle para que calquera veciño avise dun buraco, dun farol fundida ou dun colector cheo desde o seu móbil. A continuación, damos conta dos detalles.
A orixe de Bedel

Miguel Gamboa ten 22 anos e vén de rematar Enxeñaría de Sistemas de Información. Viviu tres anos nunha residencia de estudantes e alí recoñeceu que comprobou que detrás de cada avaría había alguén esperando a que lle contestasen. Dese problema e da necesidade de arranxalo naceu Bedel, unha ferramenta de intelixencia artificial que recibe por WhatsApp os avisos e fainos chegar a quen os ten que resolver.
O 6 de novembro constituíu a súa empresa, Bedel Software S.L., con sede en Cambre. Previamente lanzara Mapagalicia.es, un mapa con case 35.000 lugares do patrimonio galego dos 313 concellos, en dez linguas, que contaron La Voz de Galicia, El Español e a Radio Galega.
Como funciona
Segundo explica Miguel, o funcionamento é ben sinxelo: o veciño-usuario escribe a un número de WhatsApp como lle escribiría a calquera sobre a aparición dunha fochanca na rúa Real ou sobre un colector que leva días se cheo, acompañando os avisos cunha fotografía (opcional). A intelixencia artificial entende a mensaxe, sabe de que se trata (limpeza, iluminación, vías, parques) e fai chegar o aviso ao servizo que corresponde. O veciño recibe a confirmación ao momento e outra mensaxe cando a incidencia está resolta. “Funciona a calquera hora, sen descargar nada”, salienta Miguel, engadindo que “o urxente segue indo ao 092 e ao 112”.
Unha porta máis
Miguel, lembra que o seu servizo é “unha porta máis, non un sistema novo” e recorda que o Concello da Coruña xa ten un sistema para recibir avisos, pero, sinala, “o problema é que poucos veciños saben que existe”, coas limitacións que implica que a veciñanza teña que comunicarse co servizo por teléfono, pola web ou en persoa. “A proposta é abrirlle a porta que todos usamos cada día, conectada co que xa hai”, sinala.
Os obxectivos

O creador de Bedel explica que o obxectivo principal é “que avisar dun problema na rúa sexa tan fácil como mandar un WhatsApp, que o veciño saiba que pasa co seu aviso e que a cidade estea máis limpa, máis ordenada e sexa máis transparente”.
A quen vai dirixido
Explica que a ferramenta vai dirixida a toda a veciñanza da Coruña, sen ter que descargar ningunha aplicación, e a calquera concello da área que o queira.
Non parte de cero
A tecnoloxía xa funciona así no Colexio Maior San Pablo, da Universidade CEU San Pablo, en Madrid, e nunha residencia universitaria de Valencia, con máis de 20.000 mensaxes desde setembro. Na residencia de Valencia, a metade das mensaxes chega fóra do horario de oficina, “porque a xente avisa cando ve as cousas”, explica Miguel.
Proxecto propio
Estamos ante un proxecto propio, sen investimento externo. Estase a presentar ao Concello da Coruña e a todos os grupos municipais por igual, e tamén a entidades veciñais.
O creador é Miguel Gamboa, fundador de Bedel, que desenvolve a ferramenta cun equipo de axentes de intelixencia artificial que programan con el e revisan cada cambio.
“Quero moito a miña cidade, e os coruñeses merecen unha cidade limpa, transparente e ordenada. A tecnoloxía xa a temos; agora queremos poñela ao servizo de todos”, conclúe.
