Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

S. P.
Publicado: 24/11/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura
sergas_sanidade_xunta-2.jpg

A Xunta licitou por 644.151,12 euros o servizo de soporte de segundo nivel das aplicacións informáticas xestionadas na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

Este soporte encárgase de atender as incidencias e peticións relacionadas coas aplicacións informáticas que non puideron resolverse no primeiro nivel de atención e que, polo tanto, son trasladadas a un equipo especializado para a súa análise e resolución. O contrato “permitirá reforzar esta asistencia aos profesionais e axilizar a resposta aos problemas que poidan xurdir no uso das ferramentas informáticas”, informou a Consellería de Sanidade, engadindo que a prestación abrangue as aplicacións corporativas do Servizo Galego de Saúde, as departamentais, os desenvolvementos a medida e as ferramentas comerciais.

Entre as aplicacións incluídas figuran Macam, a aplicación do consentimento informado, a xestión de axendas, Xescon e as dos laboratorios de microbioloxía e análises clínicas, entre outras.

A Consellería engade que o contrato “non se limita a estas ferramentas, senón que tamén recolle o resto de aplicacións instaladas e en funcionamento na área sanitaria, así como aquelas que precisen dunha análise previa antes de trasladar a incidencia aos servizos centrais”.

Ademais da resolución de incidencias, o servizo inclúe a xestión e o seguimento das peticións dos usuarios, a instalación, configuración e actualización das aplicacións, o apoio á implantación de novas ferramentas e a formación dos profesionais. Tamén abarca a elaboración de documentación técnica e funcional e de informes de seguimento.

O contrato terá unha duración inicial de 2 anos e poderá prorrogarse por outros 2. O valor estimado neste caso ascende a 1.277.655,12 euros máis IVE.

As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 22 de decembro de 2026 ás 14:00 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Deputación da Coruña abre hoxe o prazo para solicitar as axudas do PEL 2027, que renovan apoios para a transformación tecnolóxica

24/11/2026
neno_nena_computador_ordenador_portatil_cativo_rapaz.jpg
Actualidade

O Pazo de Goiáns (Boiro) acolle este venres unha charla sobre móbiles, pantallas e redes

24/11/2026
Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?