222 euros/mes custa a tarifa máis completa de Orange
martes, 26 de agosto do 2025
Nun momento no que os operadores de telecomunicacións están a ofrecer agresivas tarifas de fibra e móbil con prezos sumamente axustados, dende Orange sorprenden co lanzamento dunha nova tarifa denominada Orange Todo, presentada como a máis completa e exclusiva do mercado español das telecomunicacións. A compañÃa ofrece nunha soa cota plana todos os servizos premium da marca, tanto de conectividade como de entretemento, cun prezo mensual de 222 euros.
Orange Todo inclúe dous accesos de fibra óptica (1 Gbps na vivenda principal e outra liña para segunda residencia), router Wi-Fi 7 de última xeración con repetidores, ata 10 liñas móbiles 5G+ con chamadas e datos ilimitados, servizos de ciberprotección e control paterno, ademais de intinerancia sen custo en destinos como a Unión Europea, Reino Unido ou Estados Unidos.
No apartado audiovisual, Orange Todo reúne toda a oferta de Orange TV: o fútbol nacional e internacional (Laliga, Champions League, Europa League, Premier League, Bundesliga, Serie A, entre outras competicións), as carreiras de Fórmula 1 e MotoGP, asà como as principais plataformas de streaming (Netflix, Prime Video, Disney+, HBO Max e SkyShowtime) e máis de 90 canles de televisión. O servizo complétase cun descodificador 4K con soporte HDR10+, Dolby Vision e son inmersivo Dolby Atmos, desenvolvido con tecnoloxÃa de Bang & Olufsen.
Pese ao seu elevado prezo, esta proposta garante tranquilidade e simplicidade ao reunir nun único contrato todos os servizos que un fogar poida precisar, cunha factura única e condicións que representan un aforro fronte á contratación por separado.
