23 iniciativas tiraron proveito da aceleradora Xerme Ecommerce
mércores, 23 de outubro do 2024
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá na apertura do evento no que se puxo de relevo o acadado polas 23 iniciativas empresariais que participaron na primeira edición do programa de formación para o emprendemento Xerme Ecommerce, unha aceleradora de proxectos desenvolvida polo Clúster do Ecommerce Galego co apoio da Xunta de Galicia.
AlÃ, agradeceu o labor dos profesionais en activo do mundo do comercio electrónico que asesoraron aos participantes para que aprendesen a lanzar, xestionar e rendibilizar os seus negocios en liña.
A clausura do evento correu da conta do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, pois boa parte dos proxectos que se beneficiaron do programa pertencen ao sector do comercio polo miúdo. Das 23 empresas escollidas, 11 xa vendÃan online e outras 4 só tiñan local fÃsico, mentres outras 8 contaban con ambas opcións habilitadas pero con interese en potenciar a venda electrónica.