24,4 millóns de euros para potenciar a Xustiza dixital
luns, 25 de maio do 2026
O presidente Rueda anunciou que o Consello da Xunta aprobou hoxe o Plan Senda 2028, cun orzamento de 24,4 millóns de euros, co obxectivo de «mellorar os servizos dixitais da xustiza e avanzar cara a un sistema máis eficaz, personalizado e accesible».
O plan pretende adaptar a Xustiza dixital de Galicia ao novo marco legal estatal, incorpora a intelixencia artificial como elemento central e transversal e reforza a proximidade do servizo á cidadanÃa, especialmente nas zonas rurais. A iniciativa traslada ao ámbito xudicial a visión da Estratexia Galicia Dixital 2030.
Dos 24,4 millóns de euros previstos, 17,5 millóns proceden de fondos da Comunidade Autónoma e 6,9 millóns do programa Galicia Feder 2021-2027. Este investimento engádese aos 43 millóns de euros mobilizados no marco do Plan Senda entre 2020 e 2025.
O Plan Senda 2028 afronta o reto de adaptar a Administración de xustiza galega ao novo marco legal estatal establecido pola Lei orgánica 1/2025 e polo Real decreto lei 6/2023. Ademais de adecuarse ao novo modelo organizativo de tribunais de instancia e oficinas de xustiza no municipio, incorpora a intelixencia artificial como unha peza clave. Entre as novas ferramentas figuran o visor intelixente do expediente xudicial Viaexe, asistentes virtuais para o persoal da Administración de xustiza e sistemas de explotación intelixente da información forense.
Unha das principais novidades será a substitución do sistema de xestión procesual Minerva por Atenea, unha nova plataforma tecnolóxica bilingüe, interoperable e adaptada ao novo modelo organizativo. O cambio deriva de dous convenios asinados co Ministerio de Xustiza. A incorporación do galego ao sistema de xestión procesual era unha das demandas reiteradas pola Xunta.
Seguindo as directrices da Estratexia Galicia Dixital 2030, implántase tamén un modelo de xustiza orientado ao dato, co propósito de ofrecer servizos máis eficaces e personalizados. Neste marco crearase o Rexistro de Datos Mestres de Xustiza (RDMX), acompañado de sistemas de consulta simplificados tanto para o persoal interno como para a cidadanÃa.
O Plan Senda 2028 permitirá consolidar as 268 oficinas de xustiza do municipio (OXM) como puntos de acceso próximo para a cidadanÃa en concellos sen sede xudicial. A medida busca achegar a Xustiza ao rural, evitar desprazamentos, favorecer a cohesión territorial e contribuÃr a frear o despoboamento.
Tamén se porá en marcha Conecta Xustiza, un sistema de atención remota que permitirá realizar trámites por videoconferencia e que resultará especialmente útil para persoas residentes en áreas rurais ou con problemas de mobilidade.
A isto sumarase Conversa Xustiza, un asistente virtual especializado que ofrecerá soporte técnico para os servizos dixitais e facilitará información e orientación en linguaxe natural sobre trámites e servizos dispoñibles.
As oficinas de atención á vÃtima do delito reforzarán igualmente as súas prestacións dixitais coa incorporación de atención remota por videoconferencia para vÃtimas con dificultades de desprazamento. Estes servizos atenden, entre outros casos, situacións de violencia de xénero.
Créase tamén a Canle Xustiza, orientada á información, divulgación e educación xurÃdica da cidadanÃa, con especial atención á mocidade, para achegar o sistema xudicial á sociedade e reducir a fenda dixital.
As persoas con menores competencias dixitais contarán co programa Acompaña, un sistema integral de atención presencial nas sedes xudiciais que garantirá a accesibilidade universal mediante o uso dunha linguaxe clara e accesible.
O Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) avanzará na xestión dixital de probas e evidencias, reforzando as garantÃas na cadea de custodia, incorporando ferramentas de teleperitaxe e aplicando sistemas de análise intelixente da información forense para detectar patróns e tendencias.
O plan inclúe ademais certificados de sinatura cuántica en mobilidade para avogados e persoal xudicial, unha medida coa que Galicia pretende situarse na vangarda da seguridade criptográfica aplicada á xustiza.
O Consello da Xunta recibiu tamén un informe sobre os resultados do Plan Senda 2025, que consolidou a universalización da Xustiza dixital en Galicia. Entre os principais avances destaca o paso das 77 salas de vistas dixitais existentes en 2021 á dixitalización completa das 211 salas actuais. «E pechamos 2025 con 170.000 expedientes xudiciais electrónicos, cando no 2021 era algo residual», salientou Alfonso Rueda.
O Plan Senda 2025 permitiu ademais crear oficinas de información ás vÃtimas do delito nas sete cidades galegas, nas que se tramitaron máis de 1.500 expedientes durante 2025.
Entre os proxectos máis singulares figura a automatización das comunicacións de autopsias ao INE, un sistema que reduce de maneira significativa a carga burocrática do persoal forense.
