3,8 millóns de euros para a modernización de pemes e autónomos

martes, 30 de maio do 2023 Redacción

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, interveu esta mañá na clausura da XXIII Asemblea Xeral da Asociación Galega da Empresa Familiar que se celebrou en Santiago de Compostela e onde trasladou o compromiso da Xunta co tecido empresarial para afrontar os retos da dixitalización e a eficiencia enerxética e informou dos apoios que, nestes momentos, están abertos para este sector.
Así, tal e como explicou, a partir de mañá abre o prazo de solicitude de axudas do fondo tecnolóxico. Un total de 3,8 millóns de euros para financiar proxectos que introduzan as novas tecnoloxías, a innovación e a sustentabilidade no sector. Haberá dúas liñas: unha para autónomos e pemes, que ofrece ata 180.000 euros por proxecto, e outra para asociacións de comerciantes, con axudas de ata 72.000 euros.

PUBLICIDADE