30 desenvolvedores competiron nunha hackaton en Compostela o pasado sábado
luns, 22 de outubro do 2012
O pasado sábado celebrouse nas aulas Fonseca e Mazarelos do
Centro Social Novacaixagalicia en Santiago de Compostela a primeira BlackBerry
Jam Session organizada en Galicia, evento que viña a ser unha especie de
maratón de programación que durante 12 horas (10 efectivas) pretendÃa que os 30
participantes aprendesen e practicasen creando aplicacións co apoio de
especialistas, sendo a plataforma para a que desenvolver a futura BlackBerry
10, para o que podÃan elixir entre diferentes tecnoloxÃas (HTML5, JavaScript,
Cascades, QT...).

- CarPool foi o proxecto vencedor desta competición de programación para a plataforma BlackBerry 10
O proxecto gañador desta competición foi CarPool, que representa a idea de compartir transporte (con xestións de usuarios, creacións de traxectos, visualizacións de mapas e reserva de prazas para facer unha ruta), para o que desenvolveron un front-end web en Rails e unha aplicación móbil en HTML5, jQueryMobile e BB Webworks, traballo que compartiron Adrián Moreno Peña, Gonzalo Mateo Sixto (ambos de Zadia Software, compañÃa detrás de produtos como a aplicación móbil PloSpot), Carolina Barreiro, Rubén Illodo Brea e Pablo Formoso.

- FotografÃa de familia dos gañadores das distintas competicións que tiveron lugar a pasada fin de semana ao redor do novo sistema operativo móbil de RIM

- 30 desenvolvedores xuntáronse neste evento organizado polo BBDevGALICIA
