300.000 euros para impulsar a preprodución audiovisual galega
mércores, 9 de agosto do 2023
O Diario Oficial
de Galicia recolle hoxe a convocatoria
das subvencións da Xunta para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais
galegos, dotadas con 300.000 euros. A ConsellerÃa de Cultura, Educación, FP
e Universidades xestiona esta liña anual de apoio co obxectivo de impulsar
os diferentes traballos que teñen lugar na fase de preprodución de pelÃculas
cinematográficas e series, tanto de ficción en imaxe real como documentais
e de animación, cara á súa rodaxe nos vindeiros anos.
Estas axudas en
réxime de concorrencia competitiva destÃnanse especificamente aos labores
previos relacionados co guión, a procura de financiamento, a xestión de
dereitos de autorÃa ou propiedade intelectual, venda e distribución. As bases
contemplan tamén o seu uso nas áreas de investigación, elaboración de materiais
de promoción, gastos de asesorÃa, alugueiros e outras tarefas previas á
filmación. O prazo de presentación de solicitude dá comezo mañá e permanecerá
aberto ata o vindeiro 11 de setembro.
A través desta
convocatoria anual, a Xunta está a colaborar economicamente coas empresas
galegas do sector xa desde a fase inicial de preparación dos seus novos
proxectos, que nos anos seguintes poderán optar ás subvencións autonómicas para
a produción e coprodución audiovisual, ademais de ás convocatorias para a
difusión en foros de negocio e festivais.
Acompañamento integral
A ConsellerÃa de
Cultura, Educación, FP e Universidades acompaña asà de xeito integral o
percorrido do noso talento audiovisual, dende a posta en marcha dunha idea ata
a súa chegada ás pantallas, ao tempo que cumpre cos diferentes eixos
estratéxicos do Plan Xeración Cultura 2023 da Xunta como folla de ruta para
dinamizar o sector cultural cun investimento de 34 millóns de euros.
A convocatoria
publicada hoxe establece diferentes categorÃas que atenden á natureza dos
posibles proxectos, diferenciando entre os apartados para as longametraxes
cinematográficas de ficción, animación ou documentais de carácter creativo
cunha duración mÃnima de 60 minutos; para series de ficción cunha duración
total mÃnima de 150 minutos, e para series de animación e documentais con cando
menos 100 minutos de duración.
Cada empresa
solicitante pode resultar beneficiaria con ata 30.000 euros no caso de
longametraxes de animación e de series de ficción ou de animación; ata 25.000
euros para as longas de ficción, ata 20.000 euros para as series documentais e
ata 15.000 euros nas longametraxes documentais.