3M estrea o seu proxector de peto
mércores, 12 de novembro do 2008O fabricante 3M
non só vive da comercialización de Post-It, senón que tamén é unha das empresas
pioneiras na fabricación de picoproxectores de vÃdeo que van máis aló das
feiras de electrónica e chegan ao mercado de consumo, e como exemplo diso temos
o MPro100,
que en só 2,2 x 11,5 x 5 centÃmetros e só 158 gramos completa un proxector con
lámpada LED cunha vida de 10.000 horas, unha autonomÃa de entre 40 e 60 minutos,
con entradas RCA e VGA e capaz de proxectar imaxes de entre 6 e 50 polgadas
aceptando resolucións de entre 640 x 480 e 1.280 x 768 pÃxeles, destacando polo
seu moderado prezo para un produto tan innovador, xa que é posible atopalo
por menos de 350 dólares.
Este tipo de dispositivos son ideais para transportar xunto cun ordenador
portátil para poder facer presentacións en case calquera lugar, aÃnda que o uso
lúdico (reprodución multimedia ou presentación da imaxe dun videoxogo) dos
mesmos tamén é unha atractiva opción.