4 millóns de copias de Resident Evil 5
luns, 16 de marzo do 2009
A semana pasada chegou
a Europa o xogo Resident Evil 5, e
parece que esta última entrega da saga vai ser todo un éxito, e tras vender na
semana anterior unhas 400.000 copias no Xapón, o seu fabricante asegura que xa
colocaron 4
millóns de copias en todo o mundo, o que posiblemente coincida co
volume real das vendas do xogo, que está a ser moi ben tratado pola crÃtica e
que superou os 4 millóns de descargas da súa versión de demostración a través
da PlayStation Network e o Bazar de Xbox LIVE.
Aparte do éxito de vendas na súa edición fÃsica, a compañÃa tamén fará negocio
cos contidos descargables, pois coma comentamos a pasada semana, o
modo Versus será de pago,
o que fará que os usuarios que queiran gozar dos modos de xogo en rede
competitivos (en individual ou por equipos) deberán pasar por caixa, o que
molestou a certos xogadores, aÃnda que cómpre descartar que tal caracterÃstica
nunca estivo presente nun xogo desta franquÃa, polo que é comprensible que sexa
unha prestación adicional de pago.