40 empresas de toda España presentan propostas innovadoras para despregar o proxecto EdugalIA
xoves, 11 de xullo do 2024
Un total de 40 empresas de sete comunidades autónomas presentaron propostas innovadoras para despregar o proxecto EdugalIA, a iniciativa pioneira da Xunta de Galicia para incorporar a intelixencia artificial na xestión educativa. Asà o explicaron a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, esta mañá na xornada EdugalIA: o reto de transitar cara unha xestión do sistema educativo informada pola evidencia, na que se expuxeron os resultados da consulta preliminar ao mercado deste proxecto, un proceso aberto o pasado mes de setembro para recoller solucións de empresas tecnolóxicas para facer realidade esta iniciativa.
Unha vez finalizado o prazo de recepción de solicitudes, recibÃronse 40 solucións innovadoras diferentes, das que o 12,5 % se presentaron de forma conxunta entre unha ou varias entidades e o 87,5 % restante de forma individual. A meirande parte das propostas (o 41,2 %) proceden de empresas galegas, seguidas das chegadas desde Madrid (29,4 %), AndalucÃa (8,8 %), Cataluña (8,8 %), Asturias (5,9 %), A Rioxa (2,9 %) e Valencia (2,9 %).
Malia detectarse unha gran capacidade innovadora, non se identificaron solucións preexistentes no mercado que sexan quen de abordar os retos de EdugalIA. Isto pon de relevancia a idoneidade de despregar un proceso de Compra Pública de Innovación (CPI) para a creación de solucións disruptivas que dean resposta aos desafÃos do proxecto. Esta iniciativa pioneira da ConsellerÃa opta ao financiamento deste liña do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, o que posibilitarÃa a súa posta en marcha.
Tres eixes de actuación
O proxecto EdugalIA céntrase en tres ámbitos prioritarios vencellados coa mellora da equidade e calidade do sistema educativo galego: a gobernanza, a creación do expediente dixital do alumnado e o desenvolvemento dun espazo común entre familias, centros e Xunta. No primeiro deles, impulsarase un novo modelo de Administración educativa dixital que sistematice a información procedente de múltiples fontes e formatos e permita analizar máis axilmente cuestións como o abandono temperá e crear itinerarios especializados.
O segundo ámbito ten como finalidade poñer a disposición do alumnado e das súas familias un expediente dixital para consulta que acompañe ao alumno ao longo do seu tránsito polo sistema educativo. Este documento incluirá datos de identificación, de escolarización, académicos ou sobre atención a necesidades de apoio, entre outros.
Finalmente, a través de EdugalIA habilitarase un punto único de contacto e acceso para alumnado e familias á información do seu interese sobre o sistema educativo. O obxectivo é que este sistema permita a participación e a comunicación útil entre todas as partes para a asistencia e axuda á toma de decisións.