7.889.000 euros en sancións por non respectar o mercado único dixital en Steam
mércores, 20 de xaneiro do 2021
A
Comisión Europa vén de impor a Valve, empresa propietaria da tenda en liña de
xogos para PC Steam, e a 5 editores de videoxogos (Bandai Namco, Capcom, Focus
Home, Koch Media e ZeniMax) unha
multa de 7,8 millóns de euros por rachar as normas de libre competencia da
Unión Europa.
Concretamente a sanción é de máis de 6 millóns de euros a repartir entre os 5
editores antes mencionados, que prestáronse á colaborar coa Comisión Europea,
mentres que Valve, por negarse a cooperar, recibe unha sanción de máis de 1,6
millóns de euros. O motivo desta importante multa é porque este mercado dixital
non estaba a respectar as normas do mercado único, ou sexa, que establecÃan
restricións xeográficas aos xogos dentro do territorio europeo, para asà poder
vender a distintos prezos en cada paÃs e impedir que os xogadores adquirisen os
xogos no mercado non que lle resultase máis vantaxoso economicamente.
AÃnda que as limitacións xeográficas nos produtos dixitais é algo moi habitual,
normalmente limÃtase a poucos grandes territorios, de xeito que Europea
normalmente considérase unha única rexión a nivel de activación de códigos de
descarga ou para a compra de produtos, pero cando hai paÃses da Unión Europea (como
RomanÃa ou Polonia) nos que os produtos dixitais están máis baratos e aos cidadáns
doutros paÃses comunitarios non lles deixan aproveitar estes prezos reducidos,
está a atentarse claramente ás normas do mercado único europeo.
O reparto das sancións foi bastante desigual, en función do tempo no que as
empresas realizasen estas malas prácticas ou o nivel de colaboración coa
investigación da Comisión Europea, de xeito que Bandai Namco terá que pagar
340.000 euros, Capcom 396.000 euros, Koch Media 977.000 euros, ZeniMax
1.664.000 euros e Focus Home 2.888.000 euros, mentres que Valve terá que afrontar
tamén unha multa de 1.624.000 euros.