704 maiores percorreron 65 mil quilómetros empregando ferramentas dixitais
venres, 20 de maio do 2022- Irene Bonome GradaÃlle, xefa do departamento de Sociedade e Talento Dixital da AMTEGA, no acto
Ao longo de 20 dÃas, e tras recibir a formación necesaria
nos Centros de Competencias dixitais, os participantes no reto #CaminaenDigital
camiñaron nas súas contornas, mediron as distancias percorridas con ferramentas
tecnolóxicas, sacaron fotografÃas, gravaron vÃdeos e compartiron estas
experiencias na páxina web do concurso
e da páxina de Facebook da
iniciativa que rematou cunha escape room tras a que se realizou a
entrega de premios.
En moitos dos casos foi a primeira vez na que fixeron uso de
aplicacións de medición de pasos, ou mesmo a primeira ocasión en que sacaron
unha imaxe ou unha captura de pantalla e a enviaron a través dunha rede social.
Este era o principal obxectivo do reto: aumentar a capacitación das persoas
maiores e familiarizalas co uso das tecnoloxÃas dixitais. Mais o concurso tamén
supuxo, segundo manifestaron algúns dos responsables dos centros de
competencias dixitais, unha experiencia que animou a achegarse e a coñecer a
actividade formativa destes espazos para a inclusión dixital a persoas que até
agora nunca o fixeran. CumprÃronse asà os propósitos principais desta
iniciativa coordinada pola AMTEGA, a través da Rede CeMIT, dentro da
programación creada para celebrar este ano o DÃa de Internet, no seno da
asociación de ámbito estatal Somos Digital.
Premios colectivos e individuais
Coa emisión en liña transmitida desde o GaiásTech para toda España, puido verse a alegrÃa coa que recibiron o premio ao centro que recorreu máis quilómetros no Centro de Dinamización Tecnológica Local de El Franco, en Asturias, onde o seu equipo, formado por 45 persoas maiores, percorreu 5.050 quilómetros dende o pasado 29 de abril. Tamén no espazo CyL Digital de Zamora recibiron con moita ilusión o galardón por ser o centro no que recorreron máis km. por persoa, unha media de 265 km. por participante ao longo de 20 dÃas. Foron recoñecementos que se sumaron aos que recibiron Mercedes Maroto, de Calzada de Calatrava, por ser a participante que percorreu máis quilómetros, 598, e Julia Almeida e MarÃa José Camba, ambas de Zamora, por subir o vÃdeo e a imaxe con máis Gústame na conta de Facebook da iniciativa. Todos eles recibiron dispositivos tecnolóxicos cedidos polo Comité de Impulso del DÃa mundial de Internet.
Unha experiencia inclusiva para todas as persoas
A experiencia do reto adaptouse a todas as situacións,
grazas ao traballo dos axentes dinamizadores dos centros de competencias
dixitais. Houbo lugares, como Villanueva de Oscos, en Asturias, onde algunhas
das persoas participantes facÃan as súas andainas dentro do polideportivo, xa
que son usuarias do centro de dÃa e da residencia de anciáns da vila e, polas
súas caracterÃsticas fÃsicas, requirÃan un lugar cómodo para andar no que poder
descansar cada pouco. Salientable é tamén o caso de San Benito, un municipio de
Cidade Real, onde interviñeron no reto 29 dos seus 185 habitantes, de xeito que
o Reto foi o tema principal de conversa nestes dÃas. Noutros casos, o pique
san entre localidades próximas animaba a realización de km., xa que a
clasificación dos quilómetros percorridos por cada centro e mesmo por cada
persoa podÃa verse dÃa a dÃa na páxina web da iniciativa, creada e dinamizada
polo Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia, quen tamén
construÃron o Escape Room co que se puxeron en práctica, unha vez máis, as
habilidades informáticas adquiridas polos participantes.
As dúas iniciativas forman parte da ampla programación posta
en marcha pola Asociación Somos Digital para celebrar o DÃa de Internet, que
este ano se celebrou baixo o lema TecnoloxÃas dixitais para as persoas
maiores e o envellecemento saudable.