8BitDo quere converter os móbiles nunha Game Boy
venres, 9 de xaneiro do 2026

- GamesRadar destacou o 8BitDo FlipPad entre os produtos amosados no CES
A marca de mandos retro para ordenadores, consolas e dispositivos móbiles, 8BitDo, estivo presente no CES de Las Vegas, onde amosou un produto que verá a luz o vindeiro verán, e que poderÃa gozar de certo éxito, xa que facilita revivir a experiencia dunha consola tipo Game Boy nun smartphone.
O 8BitDo FlipPad é un mando para xogar no móbil, compatible con iPhone (oficialmente) e con móbiles Android, que se conecta ao porto USB-C do noso dispositivo móbil, e que integra unha bisagra para que o panel cos botóns e a cruceta poida colocarse por diante da pantalla do smartphone, facilitando un agarra moi semellante ao dunha Game Boy clásica.
Este accesorio para móbiles está pensado para o seu uso en combinación con emuladores, para asà gozar de videoxogos clásicos dun xeito moi natural e, probablemente sen os problemas de latencia que presentan os mandos sen fÃos (xa que se contacta directamente ao porto USB-C do móbil).
Queda por saber o prezo que terá o produto, pero non serÃa de sorprender que estivese no preto dos 20 euros, que é o prezo que ten actualmente en España o mando 8BitDo Micro Bluetooth (que serÃa o máis parecido en hardware ao FlipPad).

- O novo mando de 8BitDo busca replicar o control dunha GameBoy
