8BitDo replica o mando da Nintendo 64

xoves, 31 de xullo do 2025 Marcus Fernández

De cara ao lanzamento da consola Analogue 3D, que promete ser totalmente compatible cos xogos de Nintendo 64 grazas a emular o seu hardware mediante FPGA, dende 8BitDo prepararon uns mandos que replicaban os da clásica consola de Nintendo, que xa están dispoñibles para a súa compra e que, por fortuna, ao estar dotados de Bluetooth 5.0 e USB son compatibles con Nintendo Switch, Nintendo Switch 2, Windows e Android, polo que son bastante atractivos para nostálxicos.
Os mandos 8BitDo 64 non replican a estética dos mandos de Nintendo 64 (cos botóns no mesmo tamaño e na mesma posición), senón que tamén son un produto que convencerá a moitos pola súa robustez, xa que as pancas e gatillos contan con efecto hall (ou sexa, que non padecerán o temido drift que provoca o fallo da meirande parte de mandos de Switch).
Dende España poden adquirirse estes novos mandos a través de Amazon, onde están dispoñibles por 39,99 euros en cor branca e negra, sorprendendo o feito de que estean dispoñibles antes do lanzamento da Analogue 3D, pero este adiamento vén provocado polas incertezas do seu fabricante ante o impacto dos aranceis estadounidenses.

O novo mando de 8BitDo pode resultar especialmente atractivo para o seu uso nas consolas de Nintendo