Mañá chega un novo xogo do ourizo azul de SEGA, Sonic Forces, que estará dispoñible para Xbox One, PlayStation 4, PC e Nintendo Switch a un prezo de 39,99 euros e supón un retorno por todo o alto da man do equipo creador de Sonic Colours e Sonic Generations, que agora métenos nunha aventura na que Sonic terá que recrutar un exército para salvar ao mundo do caos e a destrución despois de que o malvado Dr. Robotnik acompañado polo misterioso Infinite conquistasen boa parte do mesmo.
Sonic Forces permite gozar de acción de vertixe e tres modos de xogo: acabar co inimigo utilizando a velocidade do Sonic moderno, saltar dun lado a outro plataformeando co Sonic clásico ou crear un personaxe personalizado e equipalo con numerosos trebellos.
Teremos así un xogo que terá que facer fronte á triste sombra que se proxecta sobre esta franquía, na que boa parte dos títulos teñen unha factura bastante baixa e non conseguen convencer ao público. Conseguirá Sonic Forces entusiasmar aos seareiros do ourizo cacho azul?
Tráiler de lanzamento de Sonic Forces
