O vindeiro día 26 Capcom lanzará internacionalmente o xogo Monster Hunter: World nas súas versións para Xbox One e PlayStation 4, deixando a versión para PC para o outono, e Sony quixo aproveitar a ocasión para animar aos fieis da saga a facerse coa súa consola máis potente, polo que celebrarán a chegada do xogo cunha PlayStation 4 Pro cun 1 TB de almacenamento decorada cun deseño inspirado en Rathalos, o monstro insignia da saga. Non só a consola estará decorada, senón que o seu mando DUALSHOCK 4 en cor vermella tamén amosará deseños exclusivos.
Esta PS4 Pro incluirá a edición estándar de Monster Hunter: World e códigos canxeables do Origin Armour Set, o Fair Wind Charm Talisman e un tema dinámico.
Tráiler de Monster Hunter: World
