Nintendo realizou nas últimas horas grandes novas ao redor dos seus produtos que, aínda que non especifiquen moito, son ilustrativas do que será unha realidade nos vindeiros como o feito de que confirmen que o servizo Nintendo Switch Online, que permite xogar en liña coa última consola da compañía nipoa, botará a andar oficialmente no mes de setembro, sendo de balde ata tal data; aínda que o anuncio realmente relevan sería o feito de que están a preparar Mario Kart Tour. Este título sería unha aplicación para móbiles que vería a luz antes de rematar o vindeiro ano fiscal, ou sexa, antes do peche de marzo de 2019.
Nintendo por fin confirmou os rumores relativos á creación dunha película de animación baseada en Mario, asegurando que esta produción xa está en proceso de creación, contando na produción con Chris Meledandri de Illumination e a Shigueru Miyamoto de Nintendo, ou sexa, que os pais dos Minios e de Mario unirían forzas para facer realidade unha longametraxe de animación que ten moitas bazas para ser un éxito, facendo esquecer o mal sabor de boca que deixara a película de 1993 protagonizada por Bob Hoskins e John Leguizamo.
Mario Kart chegará a teléfonos móbiles
Compartir Este Artigo

