Os xogadores que no seu día estaban enganchados ao clásico PC Fútbol no seu ordenador atoparon na franquía Football Manager un grande relevo, que ofrece unha experiencia moito máis completa e ambiciosa, de aí que conseguise consolidarse como referente do seu xénero, e con Football Manager 2019 non só manteñen o pulo, senón que este xogo lánzase hoxe nas súas versións para PC e Mac acompañado por Football Manager 2019 Touch e Football Manager 2019 Mobile, sendo a primeira vez que as tres versións chegan ao mercado simultaneamente.
Esta nova entrega do Football Manager promete ser o meirande lanzamento da historia da serie, con grandes melloras nos aspectos tácticos e de adestramento, xunto á renovación da imaxe de marca e a estrea da licenza da Bundesliga.
A crítica considera que o Football Manager 2019 é a mellor entrega da saga, que permite tomar as rendas dun club de éxito ou partir do equipo modesto e facelo evolucionar, conta con máis de 2.500 clubs, permite decidir as dinámicas de equipo, conta cun catálogo de máis de 500.000 xogadores, non esquece un módulo de adestramento e incluso inclúe a tecnoloxía da liña de gol e o VAR.
Tráiler de lanzamento do Football Manager 2019
