As aventuras televisivas de As Bolas Máxicas inspiraron numerosos xogos de loita, conseguindo de xeito recente bastante éxito Dragon Ball FighterZ, o que animou a Bandai Namco a preparar un xogo máis arriscado, Dragon Ball Game Project Z, que será un xogo de rol de acción para Xbox One, PlayStation 4 e PC que chegará este mesmo ano.
O máis prometedor deste novo xogo coas aventuras de Son Goku é que está a desenvolverse coa colaboración de CyberConnect2, estudio responsable de numerosos xogos de Naruto nos que demostraron que os videoxogos poden conseguir un nivel de detalle e calidade que superen á serie de animación na que se basean.
Project Z permitiranos revivir a historia de Dragon Ball Z, ou sexa, que haberá que protexer a Terra da ameaza dos Superguerreiros e do seu líder, o malvado Freezer, reproducindo grandes momentos da serie de televisión como o adestramento con Kaido ou o devastadores combates no planeta Namek.
Para facernos unha idea do que será este novo lanzamento, xa temos o seu primeiro tráiler:
Son Goku terá un xogo de rol de acción este ano
Compartir Este Artigo

